Select a page

RELAXACIÓN TEXTIL

 

   Felicetta Gualtieri
     45 minutos semanais
     Mércores de 19.00h a 19.45h
     Prazas: 7
      30€/mes – materiais incluídos
    Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases
     Do 1 de febreiro ao 28 de xuño

 

Quero reservar a miña praza

*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun plazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.

 

DESCRICIÓN

Descubre os efectos positivos de tramar nudos textís para a saúde, convidámoste a experimentar unha técnica de crear un complemento co teu corpo anudando tecidos, similar a outras actividades como o ioha anudar e entrelazar tecidos favorece a relaxación, a concentración e a meditación.

Experimentaremos sobre a intuición da cor, a soltura das túas mans e sobre todo a conectar cos demais cunha actividade diferente e divertida. Esperámoste con boa música, un rico té e moita enerxía para conectar co teu interior.

Materiais incluidos. Ao finalizar a actividade levarás contigo unha experiencia sanadora e un complemento (accesorio) para lucir.

 

BENEFICIOS DE ANUDAR TECIDOS

  • Xera felicidade, aumenta a autoestima, a sensación de benestar e practicalo muda o teu estado de ánimo
  • Aprender e ensinar a tecer vai unido a un estado de calma e paciencia
  • Compartir esta afección reforza as relacións personais
  • Reduce a presión sanguínea e estimula a parte lóxica do cerebro e mellora as habilidades motrices
  • Afasta estados de estrés, ansiedade e depresión

 

Aberto a calquera persoa a partir de 15 anos

 

IMPARTIDO POR: FELICETTA GUALTIERI

Felicetta Gualtieri é unha artista multidisciplinar centrada na moda, pero que tamén explorou e se formou en diferentes disciplinas artísticas: costura, nudos, tecidos, pintura fotográfica e audiovisual.

Comeza a súa formación en Venezuela como deseñedora de moda no Instituto de Diseño Charles Worth no 2012, e no 2014 iníciase no mundo das artes plásticas co artista Luis Noguera no Museo de Arte de Valencia MUVA. Isto foi especialmente enriquecedor, xa que lle amosou outra perspectiva para combinar arte e deseño de moda.

De xeito paralelo, crea o proxecto de moda “Felicetta Gualtieri” co que pretende ofrecer prendas únicas aos seus clientes e clientas exclusivas, observando a evolución do seu público e da propia sociedade. Este proxecto pretende crear prendas amigables co medio ambiente, versátiles, inclusivas e duradeiras.

Eses primeiros anos viñeron acompañados de pasarelas, cobertura en prensa, televisión e radio, e tivo a oportunidade de colaborar de forma estable no programa de radio Moda&Roll, no que falaban de música de actualidade e moda sostible. Todo isto axudouna a facerse un nome no mundo da moda de Venezuela.

Felicetta fai toda unha declaración de intencións ao lanzar a liña Meka-TL, coa que fai coleccións a partir de retales sobrantes das súas pezas, e tamén das pezas de outros talleres famosos, que estaban destinados a ir ao lixo ata que Feli os convertiu en arte.

A partir de 2015 despídese da súa cidade de nacemento e inicia unha viaxe por diferentes países de Latinoamérica, onde quedou fascinada pola súa maneira de conservar as súas tradicións, e a súa maneira de crear a súa indumentaria sendo sostibles e respectuosos co medio ambiente. Finalmente estableceuse en Lima (Perú), onde estudou Estampado Textil cunha metodoloxía centrada na sostibilidade e técnicas esquecidas como o estampado xaponés shirobi, e fico un curso de Fashion Communication impartido por Ángela Kusen no que aprendeu a desenvolver técnicas en formato audiovisual, recibindo así o título de Comunicadora de moda en Brother Lima, onde traballou como coordinadora creativa descubrindo o mundo da publicidade.

En 2019 establécese en España, onde explora formas de xerar maior durabilidade e uso ás prendas, e a profundizar en tintes e tecidos naturais, algo que considera imprescindible neste momento no que a moda se plantexa dun xeito tan destructivo.

Actualmente Felicetta ten o seu propio taller de moda en Simia Espacio Coworking, onde elabora as súas prendas, traballa no marketing do seu proxecto, e continúa formándose en moda sostible. Pero non só aposta pola moda sostible dende o seu proxecto, tamén creo dentro de Simia unha feira de moda mensual na cal acolle a outras artistas e artesanas de Vigo que traballan ne mesa liña, e a contracorrente das grandes empresas textís. Se nalgún momento podes achegarte a algún dos seus ‘Mercados Reciclados’ non perdas a oportunidade.

 

TODOS OS MÉRCORES
DE 19.00H A 19.45H A PARTIR DO 1 DE FEBREIRO ATA XUÑO

APORTACIÓN: 30€ / MES – materiais incluídos

Quero reservar a miña praza