
COMO REDACTAR CONTIDOS DE CALIDADE. IDEAS PARA IMPULSAR O TEU NEGOCIO OU MARCA PERSOAL
Claudio M. Nóvoa, xornalista na revista emprendedores |
---|
3 horas + 1 hora de mentoría individual |
De 10.00h a 13.00h (sábado) ou de 17.30h a 20.30h (venres) |
Prazas: 4 |
50€ |
Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases |
Varias datas: 25/02, 11/03, 24/03 ou 01/04, escolle a que prefiras |
Quero reservar a miña praza
*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun prazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.
Este obradoiro ten varias datas porque está limitado a tan só 4 persoas para que o profesor poida facer un seguemento persoalizado de cada caso. No formulario marca todas as datas ás que poidas asistir e a medida que se vaian formando os grupos confirmarémosche a praza.
REQUISITOS
Obradoiro orientado a calquera persoa que se estea plantexando emprender ou que xa teña un negocio e queira transmitir que fai con precisión e dun xeito atractivo.
DESCRICIÓN
Sobre que escribo? como o fago? pero isto vaille interesar a alguén?… Estas son algunhas das dúbidas que xorden a calquera emprendedor cando quere dar a coñecer o seu proxecto e captar a atención dun usuario cun millón de estímulos ao seu alcance.
Neste obradoiro recibirás claves para redactar contidos que che permitan espertar o interese da xente, crear vínculos co teu público e impulsar así o teu proxecto a tódolos niveis. Tres horas, en definitiva, que che axudarán a dotar de vida a túa web, o teu blog, as túas redes sociais, o teu dossier coorporativo ou as túas notas de prensa. Ah, e contareiche como captar a atención dos periodistas.
Cun enfoque moi práctico, esta é a estrutura do obradoiro:
- Por que é importante ter bos contidos
- Unhas recomendacións antes de comezar a escribir
- 10 claves para xerar contidos de calidade
- Auxilio! Pero de que raios escribo? Aquí compartirei contigo recursos que che axudarán a atopar temas sobre os que escribir. Descubrirás, por exemplo, que o Instituto Nacional de Estadística pode ser unha fonte de inspiración do máis sorprendente.
- Erros, faltas, tropezos, cagadiñas, despistes, olvidos… que deberías evitar ao escribir.
- Imos transformar uns textos. O antes (mal) e o despois (ben)
- Que é iso do copywriting e o storytelling.
No obradoiro falarei de pelis, cancións, libros para apoiar as miñas explicacións. Ah, e compartirei exemplos de empresas e emprendedores que o están facendo moi ben neste campo. E non, non falarei de Elon Musk, senon de negocios pequeniños que, con moito inxenio e audacia, xeran contidos extraordinarios.
IMPARTIDO POR: CLAUDIO M. NÓVOA
Sempre quixen ser periodista. Os meus pais querían que fose médico. De pequeno odiaba as matemáticas, rematei escribindo sobre números. O outro día consultei a miña vida laboral para procrastinar uns minutos e comprobei que levo 20 anos traballando como periodista, 15 deles como autónomo. Gústame o risco. O día que me din de alta como autónomo Lehman Brothers quebraba e así daba comezo unha crise financieira mundial. Gústanme os riscos. Nestas dúas décadas escribín sobre economía, emprendemento, negocios, axudei a empresas como Volvo, KPGM, Eroski, Nacex, Unilver, AXA Seguros ou Springfield a compartir as súas historias coa xente. Dende o 2014 escribo a diario na Revista Emprendedores, donde tiven a oportunidade de conversar con xente de enorme talento e intelixencia. Agora pensei que sería unha boa idea compartir esta experiencia contigo para axudarche a que des un paso adiante co teu proxecto. En LinkedIn pódesme atopar como Claudio M. Nóvoa González.
SÁBADO 25 DE FEBREIRO DE 10.00H A 13.00H
SÁBADO 11 DE MARZO DE 10.00H A 13.00H
VENRES 24 DE MARZO DE 17.30H A 20.30H
SÁBADO 1 DE ABRIL DE 10.00H A 13.00H
APORTACIÓN: 50€ (3H + 1H DE MENTORÍA INDIVIDUAL.)