
RECOÑECÉNDONOS: AUTOESTIMA E AUTOCOIDADO
Alba Cobo de Outro Conto |
---|
2 horas |
De 18.00h a 20.00 |
Prazas: 8 |
25€ |
Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases |
Venres 17 de marzo |
Quero reservar a miña praza
*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun plazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.
DESCRICIÓN
Un obradoiro para recoñecernos e reconectar con nós e cos nosos corpos de forma grupal. Traballaremos conceptos como a gordofobia, a violencia estética e a cultura da dieta para situar ao enemigo fóra e poder ir conformando entre todas un diálogo interno máis compasivo e respectuoso con nós mesmas e coas demais compas.
Será un obradoiro esencialmente práctico, sería interesante que trouxérades unha libretiña e boli porque van saír moitas cousiñas!
REQUISITOS: Só para mulleres
IMPARTIDO POR: ALBA COBO
A Alba un día chamárona gorda e ela creuno. Identificouse como tal e de súpeto a súa vida estaba marcada polas restricións e os límites. Agora segue sendo gorda, porque si, porque ten dereito a permanecer así, habitando, amando e respectando as necesidades do seu corpo. Xa non hai límites senón liberdade.
Fixo un máster en nutrición e alimentación intuitiva e cursos sobre gordofobia, introdución á perspectiva de xénero, confianza corporal en adolescentes e crianzas, autoestima e diversidade corporal.
VENRES 17 DE MARZO DE 18.00H A 20.00H
APORTACIÓN: 25€ (2H.)