Select a page

En O Almacén Cultural queremos tomar as precaucións necesarias para que as actividades sexan seguras. Antes de asistir a calquera actividade, por favor le estas medidas para axudarnos a conseguilo. Por favor, non o tomes todo ao pé da letra porque a situación muda con moita frecuencia, polo que temos que estar abertos a posibles cambios para adaptarnos ás circunstancias.

 

¿Que teño que levar para asistir ás actividades?

– Máscara, de uso obrigatorio durante todo o tiempo que permanezas no espazo.

– Calzado exclusivo para a zona de madeira e “zona limpa” de cemento que non uses na rúa.. Unha vez que entres no local, terás un espazo para mudar o calzado. Unha vez que poñas os zapatos novos terás que desinfectalos cun sprai que che proporcionaremos nós.

 

¿Qué precaucións teño que tomar?

– O local está dividido en dúas áreas: unha para que circules co calzado da rúa, que será pola que entres, pola que saes, e onde terás un espazo destinado ao cambio de calzado; a outra zona é para que circules co calzado desinfectado, que inclúe a pista de madeira, baños, e un áreo que comunica ámbalas dúas.

– Usa xel hidroalcoólico que poremos en direfentes puntos á túa disposición

– Respecta as marcas do chan e as recomendacións do profesorado para asegurar a distancia de seguridade.

 

¿En caso de faltar por enfermidade ou sintomatoloxía compatible con COVID 19, tería que seguir pagando as actividades?

– Dadas as circustancias seremos máis flexibles do habitual en canto aos pagos. En caso de non poder asistir a unha actividade por motivos relacionados coa enfermidade, devolveremos o importe pagado pola actividade ou estudaremos a posibilidade de ofrecer os contidas de dita actividade por outra vía (por exemplo, clases online). Do mesmo xeito, este vai ser un curso complicado para O Almacén Cultural, polo que tamén agradecemos máis do que nunca o teu apoio económico sempre que poidas colaborar, así axudámonos uns aos outros, sempre que sexa posible, para saír desta do mellor xeito posible 🙂