Select a page

PENSAMENTO CREATIVO

 

   Felicetta Gualtieri
     45 minutos semanais
     Mércores de 20.00h a 20.45h
     Prazas: 7
      30€/mes – materiais incluídos
    Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases
     Do 1 de febreiro ao 29 de xuño

 

Quero reservar a miña praza

*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun plazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.

 

DESCRICIÓN

Pensar creativamente é a capacidade para idear algo novo, relacionar algo coñecido de xeito innovador ou apartarse de esquemas de pensamento ou conducta habituais. Usar a razón e a “paixón” (emocións, sentimentos, intuicións, fantasías, etc).

Neste proxecto desenvolveremos unha serie de exercicios prácticos que guiarán o autocoñecemento dentro da arte ou da vida en xeral, unha forma eficaz de soltarte para debuxar. Non é necesaria ningunha destreza previa.

O curso ofrece unha serie de experiencias de introspección e gráficas que se realizan acompañado da monitora do curso; Estas accións poden repetirse as veces necesarias ata alcanzar a destreza suficiente para acceder ao nivel que queres desenvolver.

O método consiste en observarte dende un punto de vista cego no debuxo, onde se inicia contigo, serías a túa propia guía. Cada exercicio será diferente de maneira individual ou grupal, contaremos cuna modelo en tempo real observando o seu corpo e como levalo sobre un papel.

Desfrutarás de instruccións, consellos e suxerencias que irán aparecendo segundo sexan necesarios para que a aprendizaxe se produza de axeitadamente. Faremos análises de cada clase, ata descubrir ese pensamento creativo que está dentro de ti.

Aberto a calquera persoa a partir de 15 anos

 

IMPARTIDO POR: FELICETTA GUALTIERI

Felicetta Gualtieri é unha artista multidisciplinar centrada na moda, pero que tamén explorou e se formou en diferentes disciplinas artísticas: costura, nudos, tecidos, pintura fotográfica e audiovisual.

Comeza a súa formación en Venezuela como deseñedora de moda no Instituto de Diseño Charles Worth no 2012, e no 2014 iníciase no mundo das artes plásticas co artista Luis Noguera no Museo de Arte de Valencia MUVA. Isto foi especialmente enriquecedor, xa que lle amosou outra perspectiva para combinar arte e deseño de moda.

De xeito paralelo, crea o proxecto de moda “Felicetta Gualtieri” co que pretende ofrecer prendas únicas aos seus clientes e clientas exclusivas, observando a evolución do seu público e da propia sociedade. Este proxecto pretende crear prendas amigables co medio ambiente, versátiles, inclusivas e duradeiras.

Eses primeiros anos viñeron acompañados de pasarelas, cobertura en prensa, televisión e radio, e tivo a oportunidade de colaborar de forma estable no programa de radio Moda&Roll, no que falaban de música de actualidade e moda sostible. Todo isto axudouna a facerse un nome no mundo da moda de Venezuela.

Felicetta fai toda unha declaración de intencións ao lanzar a liña Meka-TL, coa que fai coleccións a partir de retales sobrantes das súas pezas, e tamén das pezas de outros talleres famosos, que estaban destinados a ir ao lixo ata que Feli os convertiu en arte.

A partir de 2015 despídese da súa cidade de nacemento e inicia unha viaxe por diferentes países de Latinoamérica, onde quedou fascinada pola súa maneira de conservar as súas tradicións, e a súa maneira de crear a súa indumentaria sendo sostibles e respectuosos co medio ambiente. Finalmente estableceuse en Lima (Perú), onde estudou Estampado Textil cunha metodoloxía centrada na sostibilidade e técnicas esquecidas como o estampado xaponés shirobi, e fico un curso de Fashion Communication impartido por Ángela Kusen no que aprendeu a desenvolver técnicas en formato audiovisual, recibindo así o título de Comunicadora de moda en Brother Lima, onde traballou como coordinadora creativa descubrindo o mundo da publicidade.

En 2019 establécese en España, onde explora formas de xerar maior durabilidade e uso ás prendas, e a profundizar en tintes e tecidos naturais, algo que considera imprescindible neste momento no que a moda se plantexa dun xeito tan destructivo.

Actualmente Felicetta ten o seu propio taller de moda en Simia Espacio Coworking, onde elabora as súas prendas, traballa no marketing do seu proxecto, e continúa formándose en moda sostible. Pero non só aposta pola moda sostible dende o seu proxecto, tamén creo dentro de Simia unha feira de moda mensual na cal acolle a outras artistas e artesanas de Vigo que traballan ne mesa liña, e a contracorrente das grandes empresas textís. Se nalgún momento podes achegarte a algún dos seus ‘Mercados Reciclados’ non perdas a oportunidade.

 

TODOS OS MÉRCORES
DE 20.00H A 20.45H A PARTIR DO 1 DE FEBREIRO ATA XUÑO

APORTACIÓN: 30€ / MES – materiais incluídos

Quero reservar a miña praza