
INICIACIÓN AO TAPIZ DE MALLA
Maritza Berttolini |
---|
3 horas |
De 17.00h a 20.00h |
Prazas: 12 |
40€ |
Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases |
Sábado 18 de febreiro |
Quero reservar a miña praza
*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun plazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.
DESCRICIÓN
O tapiz de malla nace para aproximar esta técnica á casa con materiais modestos, para que calquera poida facelo sen importar o estatus social, xa que o tapiz tradicional só existía na alta sociedade.
É unha práctica artística que consiste na repetición, con agullas e puntadas diferentes podes logar miles de combinacións onde o límite é a imaxinación. A cor, o material, as fibras, o espesor, o contraste, a tridimensión, todo entra en xogo cando creas un tapiz. É un tempo no que creas coa experimentación e o xogo onde o resultado sempre será algo innovador e único.
O obxetivo do curso é crear un tapiz de parede a través da experimentación e o xogo usando as agullas de latch-hook e locker-hook (específicas de esta técnica).
1ª parte
Comezaremos o obradoiro familiarizándonos cos materiais, é dicir, os distintos tipos de fibras que existen, fíos, madexas, etc. , o noso soporte (a malla) e e as agullas latch-hook e locker-hook chamadas así polas diferentes puntadas que aprenderemos a facer.
2ª parte
Crearemos o noso tapiz sobre a malla xogando coas cores, os contrastes e as texturas. Cando terminemos a nosa malla aprenderemos unha técnica de crochet para poder convertilo en tapiz de parede e aprenderemos os coidados básicos para conservar a peza.
Aberto a calquera persoa a partir de 15 anos
IMPARTIDO POR: MARITZA BERTTOLINI
Maritza é unha artista téxtil mexicana apaixonada pola creación, polas cores e pola exploración de texturas visuáis, trasladando as súas paixóns a técnicas téxtiles meticulosas. Maritza é bastante autodidácta, e as súa área de traballo dentro da arte téxtil abarca bordado, tapiz, collage e dibuxos a máquina de coser.
Maritza crea con técnicas tradicionais e as traduce ao contemporáneo, e prioriza adicarlle o tempo que necesitan as pezas artesanáis, traballando minuciosamente o tecido a mano, facendo que cada peza sexa única.
SÁBADO 18 DE FEBREIRO DE 17.00H A 20.00H
APORTACIÓN: 40€ (3H.)