Select a page

Obradoiro de creacción actoral

10.10.20 | 07.11.20 | 12.12.20

10.00h Dirixido a actores e actrices, directores e directoras de escena, afeccionados ou persoas con inquedanzas artísticas

Obradoiro intensivo distribuido en tres sábados en horario de 10.00h a 14.00h e de 15.30h a 19.30h (24 horas en total). Ademais poderás optar a unha titoría online despois de cada xornada para resolver as dúbidas sobre o traballo realizado e preparar as tarefas para a seguinte clase. 

Dirixido a actores e actrices, directores e directoras de escena, afeccionados e persoas con inquedanzas artísticas, con intención de aprender a conectar co noso Eu actor actual, e enfocar o traballo cara o Eu actor futuro.

O obxectivo do curso e dotar a cada persoa das ferramentas necesarias para gañar autonomía como intérpretes, e estabelecer un método adecuado ás nosas características individuais como artistas. 

Para conseguilo estudaremos como afrontar a nosa relación coa personaxe, e exploraremos a través do corpo e a mente o camiño que nos leva ata o resultado. Por outro lado, faremos un traballo enfocado ao monólogo actoral, dende o texto á improvisación, o análisis e a posta en escena. 

 Ao longo do obradoiro crearemos en conxunto un espazo emocionalmente seguro que garanta o cuidado de todas as persoas participantes. 

Para o obradoiro necesitarás traer roupa e calzado cómodo (de uso exclusivo no local), para algunas dinámicas traballaremos en calcetíns polo que tamén recomendamos traer un par de recambio por se fora necesario. Ademais, debido a situación provocada pola Covid-19 deberás traer máscara, e respetar en todo momento as medidas implementadas por O Almacén Cultural e seguir as instruccións e recomendacións que faga o profesor. 

Nesta ligazón podes ler con calma o protocolo COVID-19 que temos no local.

 

IMPARTIDO POR: AGUSTÍN LEIRÓS

Se vives en Vigo é moi posible que xa te toparas con Agustín Leirós (aka Tito) en mais dun dos moitos proxectos que leva a cabo. Sen dúbida unha persoa que se move polo mundo, e moito. Ademais dos seus traballos como actor en teatro e cine, Agustín fundou a productora Dreamwalkman Teatro, que firma obras producidas, escritas, dirixidas e protagonizadas polo propio Tito: Esos extraños cacharros de mi papá, Perfil imperial, Hijos de dios, o unha das nosas favoritas, Desenfreno cabaret. Sexo ideas y mucho follón, que puidemos desfrutar no Almacén Cultural hai algúns anos, son algúns dos exemplos. TEATRO

Ademáis, Tito ten outras facetas… nós coñecímolo cando presentaba un programa de radio local no que entrevistaba a persoas imprescindibles na vida cultural viguesa do momento; e tamén desfrutamos da súa faceta como escritor cando limos o seu libro autoeditado La memoria de los pies

 Esta amálgama de experiencias vitais e coñecementos verase reflectida no obradoiro, no que utilizará unha metodoloxía que compila as distintas técnicas actorais que foi aplicando ao longo dos seus anos de carreira e das formacións que recibiu.

SÁBADO 18 DE XANEIRO, SÁBADO 7 DE NOVEMBRO E SÁBADO 12 DE DECEMBRO
DE 10.00H A 14.00H E DE 15.30H A 19.30H.
APORTACIÓN: 150€ (24H. + 1 TITORÍA Á SEMANA)
PRAZAS LIMITADAS A 10 PERSOAS

Apúntome!