
CREA A TÚA COLECCIÓN DE MERCHANDISING COAS TÚAS PROPIAS ILUSTRACIÓNS
Patri Cid de Waikiki Please |
---|
4 horas e media |
De 10.00h a 14.30h |
Prazas: 10 |
50€ |
Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases |
Sábado 4 de marzo |
Quero reservar a miña praza
*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun plazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.
DESCRICIÓN
Es ilustradora ou ilustrador? Queres plasmar os teus debuxos en distintos soportes pero non sabes por onde comezar? Non te preocupes, Patri, unha das creadoras da marca de roupa e complementos Waikiki Please acompañarache neste proceso ao longo deste curso.
CONTIDOS
- Introducción
- Elección da ilustración
- Dixitalización da ilustración
- Materiais e técnicas
- Probas en diferntes soportes e creación da túa propia collección de merch.
- Proveedores
- Deseñar un parche
- Deseñar un pin
- Preparación do archivo para a súa produción
- Revisión das mostras
Se tes portátil, lévao para traballar con el durante o curso. Se tes unha ilustración en concreto que queres traballar sobre ela, lévaa tamén ao curso
IMPARTIDO POR: PATRI CID
Patricia Cid é a fundadora, xunto a Jaime, da marca Waikiki Please. Adícase ao deseño gráfico dende 2008, dende que terminou os seus estudos disposta a comerse o mundo coa ilusión dos anos de mocidade. O pouco que durou foi proporcional ao rápido que chegou a crise económica, pero Patri sobreviviu. Traballou varios anos en Vigo, a súa cidade natal, ata que con 25 decidiu evoluir no seu traballo e marchou para Barcelona a estudar un máster de Publicacións Dixitais e Web, atopou un taballo e se quedou alí xunto a Jaime.
Uns anos máis tarde, desencantadxs cos seus traballos, pero ilusionadxs coa parte da súa profesión que facían máis por gusto que por cartos, fundaron Waikiki Please nun piso raquítico de Poble Sec cada vez máis e máis cheo de caixas. Cantidade de horas adicadas ao sair do traballo polas noites, e cantidade de boas sensacións ao convencerse de que o proxecto avanzaba e era real.
A día de hoxe, a morriña venceu e volveron a Vigo, a un piso con luz e con un estudio! Polo demais, seguen esforzándose, aprendendo e cometendo erros. Erros necesarios. Pero con toda a honestidade do mundo, e non poden estar méis orgullosxs!
SÁBADO 4 DE MARZO DE 10.00H A 14.30H
APORTACIÓN: 50€ (4’5H.)