
INICIACIÓN Á MAXIA
Óscar Fernández |
---|
2 horas semanais |
Luns de 19.00h a 21.00h |
Prazas: 12 |
60€/mes – materiais incluídos |
Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases |
Do 6 de febreiro ao 19 de xuño |
Quero reservar a miña praza
*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun plazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.
DESCRICIÓN
Achegamento á maxia como arte escénica. Neste curso ademais de aprender xogos de maxia sinxelos cos que sorprender aos teus amigos, os participantes tamén mellorarán habilidades como o pensamento lateral, falar en público, procesos creativos… ademáis descubrirán que a maxia é unha disciplina artística igual de complexa e profunda que o teatro ou a pintura.
Aberto a calquera persoa a partir de 15 anos
IMPARTIDO POR: ÓSCAR FERNANDEZ
Óscar Fernández, afeccionado á maxia dende hai máis de 15 anos. A súa afección comezou aos 14 anos despois de ver a un amigo realizar un pequeno xogo de cartas, Óscar lembra que aquilo o deixou marabillado en axiña quiso aprender como se facía. Durante estes 15 anos de afección tivo a sorte de compartir maxia con grandes magos tanto nacionais como internacionais. No ano 2014 comezou a dar clases de maxia particulares en Santiago de Compostela co que ten ampla experiencia dando clases de maxia. Dende o ano 2019 forma parte da compañía Magia en la Manga xunto a Carlos Tomico e Sara Rodríguez.
www.magiaenlamanga.com
TODOS OS LUNS DE 19.00H A 21.00H
APORTACIÓN: 60€/MES (materiais incluídos)