
LINDY HOP
Equipo de Swing On |
---|
1h15m semanais |
Consulta aquí todos os horarios |
Prazas: 16 |
35€/mes ou 90€/trimestre |
Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases |
Ata o 20 de xuño |
Quero reservar a miña praza
*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun plazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.
DESCRICIÓN
O lindy hop é un baile afroamericano que nace en Harlem, Nova Iorque, a finais dos anos 20 do século pasado. O baile nace coa música swing do momento, cando as manifestacións jazzísticas sofistícanse e nacen as Big Bands, agrupacións musicais de 30 e 40 membros.
O que máis chama a atención do baile é a súa enerxía, e non é de estrañar. O baile era un berro de liberdade da comunidade afroamericana no medio da corrente cultural que se chamou Harlem Renaissance (ou Renacemento de Harlem), unha corrente cultural afroamericana que plantaba cara ao sistema segregacionista e racista de Estados Unidos.
Pero ademais da enerxía, o lindy hop é un baile cunha riqueza rítmica incríble, no que a técnica é importante pero sempre ao servizo da música e deixando liberdade para a expresión individual e a improvisación. O lindy hop bailábase en parellas, pero tamén individualmente, sendo esta última vertente a que coñocemos actualmente como solo jazz.
As nosas clases de lindy hop e solo jazz impartidas por Swing On están enfocadas en esencia ao baile social e á impro, aínda que nalgúns grupos con máis experiencia tamén se traballa no relativo á performance. Existen varios niveis de baile, e varios horarios.
Aberto a calquera persoa a partir de 15 anos
IMPARTIDO POR: EQUIPO DE SWING ON
Swing On naceu a finais de 2012 como un pequeno proxecto a tempo parcial para impulsar a música swing e jazz e os seus bailes. Elena e Jorge, os seus fundadores, foron aumentando a súa implicación no proxecto ata que en 2014 comezaron profesionalmente en exclusiva a el. Actualmente Swing On imparte clases de lindy hop en Vigo e Cangas, ademais de ser unha promotora de eventos como festas, concertos, charlas, etc para difundiar a cultura swing e jazz en Vigo e arredores. Entre os eventos destacan os festivais Enxebre Swing Festival, Swing On the SEA, Winter is Coming Swing Weekend ou Swing On WIC.end.
Actualmente a escola conta cun equipo formado por 4 profesores: Elena, Jorge, Andrea e Isaac.
Consulta na súa web todos os horarios e niveis
APORTACIÓN: 35€/MES OU 90€/TRIMESTRE