
FAI O TEU KIMONO
Estefanía Carrera |
---|
4 horas |
De 12.00h a 14.00 e de 16.00h a 18.00h |
Prazas: 14 |
60€ materiais incluidos menos a tea (de 2 a 3 metros) |
Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases |
Sábado 25 de marzo |
Quero reservar a miña praza
*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun plazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.
DESCRICIÓN
Gustaríache aprender a facer o teu propio Kimono? Mediante un patrón xa feito aprenderas a coller as medidas. Non é necesario ter coñecementos previos. Aprenderemos a cortar, medir o tecido e coselo a man.
Se tes unha máquina de coser e non sabes como usala aprenderás os conceptos básicos de unir costuras e acabados. Todo o material está incluído excepto a tea (de 2 a 3 metros) que tes que traer á túa elección.
IMPARTIDO POR: ESTEFANÍA CARRERAS
Estefanía Carreras é deseñadora de moda profesional e profesora de deseño, patronaxe e confección. Apaixonada polo mundo da moda como creación artística, ten a súa propia marca de roupa @estefaniacarrera_ec
Foi profesora en diferentes escolas de moda de Galicia, como o Obradoiro de Costura Creativa da Universidade de Vigo, o Campus Crea de Pontevedra, en espazos como Simia Espacio, Alga Clases e Talleres, Asociación do Calvario, e monitora textil no colexio apostol de Vigo. Impartiu master classes en Lugo, Santiado de Compostela ou en Madrid no Mon Atelier, entre outros sitios. Continú en constante formación en patronaxe por ordenador Patronaxe Key.
Traballa como deseñadora de moda en Estefanía Carrera e Cotton & Painted EC, como estilista para Elegant Magazine e como coordinadora e creadora de eventos de moda. Durante os seus anos de carreira estes foron algúns dos premios que gañou:
- 2014 GAÑADORA SEMANA DA MODA DE GALICIA coa Colección “Juliet”.
- 2012 CONCURSO FINALISTA ADIDAS.
- 2012 CONCURSO FINALISTA DE MODA C.C Gran Vía, Vigo.
- 2010 SELECCIONADA PARA O CONCURSO DE MODA MERCEDES MILAN.
SÁBADO 25 DE MARZO DE 12.00H A 14.00H E DE 16.00H A 18.00H
APORTACIÓN: 60€ (4H.) – Materiais incluídos menos a tea (2 a 3 metros) á túa elección.