
INTRODUCCIÓN Á PERFORMANCE
Constance Hurlé |
---|
12 horas + mostra aberta |
Sábados alternos de 11.00h a 14.00h |
Prazas: 16 |
95€ |
Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases |
Sábados 18/02, 4/03, 18/03 e 01/04 |
Quero reservar a miña praza
*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun plazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.
DESCRICIÓN
Este taller parte da concepción da performance como manifestación artística que se caracteriza polo cruce e hibridación de linguaxes expresivas levadas á escena. Empregaranse distintas técnicas e exercicios onde se verá implicado o corpo, a palabra e outras disciplinas artísticas como a música ou a pintura, dependendo dos intereses concretos das personas asistentes ao obradoiro. Incentivarase a búsqueda e a experimentación de diferentes recursos expresivos a través da práctica e o proceso creativo, desenvolvendo un ou varios proxectos de carácter individual ou colectivo, axustándonos sempre ás preferencias e necesidades do conxunto do grupo. Finalizarase cunha mostra aberta na que non é obrigatorio participar pero si recomendado, xa que para que a performance se materialice, precisamos dun público que a observe.
A QUEN VAI DIRIXIDO:
Calquera persoa que queira experimentar a performance ou iniciar un contacto coas artes escénicas. Aberto tamén a persoas con experiencia no sector. A partir de 15 anos.
IMPARTIDO POR: CONSTANCE HURLÉ
Performer, bailarina, escritora e todo aquilo que teña que ver coa expresión artística no amplo sentido do termo. Desenvolve os seus proxectos escénicos coa compañíaConstance Hurlé. Funda recentemente Hurlé produción e distribución, xestionando proxectos propios e alleos. Produtora e directora deGhastas Pista swing project. Autora dos poemarios “b/i/c/m.o.r.d.i.d.o”, “Hacia la luz: poesía, sonido, imagen” e “DSM ou Disfraz de Tigre”. E un longo etcétera de actividades en torno da cultura e as artes vivas.
www.constancehurle.com
SÁBADOS ALTERNOS, 4 SESIÓNS + MOSTRA ABERTA
SÁBADOS 18 DE FEBREIRO, 4 DE MARZO, 18 DE MARZO E 1 DE ABRIL
DE 11.00H A 14.00H
MOSTRA ABERTA O SÁBADO 15 DE ABRIL ÁS 19.00H
APORTACIÓN: 95€ (12H + mostra aberta)