Select a page

QUE SE ESCONDE DETRÁS DA TÚA ROUPA? INICIACIÓN Á SLOW FASHION

 

   María Deus
     1 horas
     De 19.30h a 20.30h
     Prazas: 20
      12€
    Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases
     Venres 24 de marzo

 

Quero reservar a miña praza

*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun prazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.

 

 

DESCRICIÓN

Trátase dunha charla interactiva na que se explicará en que consiste a fast fashion e con que alternativas de slow fashion contamos. O obxectivo é, por un lado, tomar consciencia de onde ven a nosa roupa e, por outro lado, gañar ferramentas para poder vestir dun xeito o más sostible posible.

 

IMPARTIDO POR: MARÍA DEUS

María é co-fundadora de slowbasics, unha marca de roupa orgánica, atemporal e vegana feita en Galiza. Fundou slowbasics como xeito de unirse á tendencia da “vida lenta” ou “slow life”. A vida lenta convida a practicar actividades con calma para desfrutar de cada momento da vida e tomando consciencia das consecuencias que conlevan. É por iso que aplica a vida lenta á súa marca de roupa consciente, facendo prendas de xeito artesanal, sostible e cun impacto social positivo.

 

VENRES 24 DE MARZO DE 19.30H A 20.30H

APORTACIÓN: 12€ (1H.) 

Quero reservar a miña praza