
ILUSTRACIÓN BORDADA
Maritza Berttolini |
---|
3 horas |
De 17.00h a 20.00 |
Prazas: 12 |
40€ materiais incluidos |
Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases |
Sábado 18 de marzo |
Quero reservar a miña praza
*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun plazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.
DESCRICIÓN
Este curso plantexa o bordado como unha técnica pictórica, ondo o fío e a agulla transfórmanse nas túas ferramentas para partir dunha ilustración 2D e crear un retrato con volumen e texturas, utilizando como base o téxtil.
Experimentaremos os diferentes tipos de bordado e como a gama cromática inflúe no mundo téxtil, e a diferencia entre contraste (textura) e volumen (sentido das puntadas) para, por último, aprender como é a mellor puntada para levar a cabo a túa ilustración, os acentos de cor e resolución de imprevistos que poidan xurdir no proceso.
Por último veremos os acabados finais. a presentación e os coidados básicos para a conservación da peza.
O obxectivo do curso é aprender os conceptos básicos do bordado, así como a teoría da cor no téxtil para crear unha ilustración bordada nun lenzo téxtil de pequeno formato.
1ª parte
Nesta primeira parte iniciaremos un primeiro contacto co bordado mirando algúns referentes, fontes de inspiración, e coñecendo os materiais que utilizaremos durante o obradoiro. Tamén comezaremos a comprender como funciona a cor no bordado usando como referencia o círculo cromático. Por último definiremos o deseño que queremos ilustrar.
2ª parte
Aprenderemos os tipos de puntada, a utilización do contraste de texturas no material e o sentido das puntadas para crear volume. Por último faremos os acabados finais, aprenderemos a facer a presentación da peza como tapiz de parede e veremos os cuidados básicos para a súa conservación.
IMPARTIDO POR: MARITZA BERTTOLINI
Maritza é unha artista téxtil mexicana apaixonada pola creación, polas cores e pola exploración de texturas visuais, trasladando as súas paixóns a técnicas téxtiles meticulosas. Maritza é bastante autodidacta, e as súa área de traballo dentro da arte téxtil abarca bordado, tapiz, collage e debuxos a máquina de coser.
Maritza crea con técnicas tradicionais e as traduce ao contemporáneo, e prioriza adicarlle o tempo que necesitan as pezas artesanais, traballando minuciosamente o tecido a man, facendo que cada peza sexa única.
SÁBADO 18 DE MARZO DE 17.00H A 20.00H
APORTACIÓN: 40€ (3H.) – materiais incluídos