
FREE JAZZ DANCE
Constance Hurlé |
---|
Sábados 15 e 29 de abril e 13 de maio |
10.00h a 13.00h (2 cápsulas de 1h30m cada sábado) |
Curso completo: 9h // Tamén te podes inscribir a cápsulas soltas |
Prazas: 12 |
Curso completo: 85€ (consulta o resto de prezos máis abaixo) |
Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases |
Atopa unha liguaxe corporal única baseada na túa propia expresión corporal e a danza libre escoitando e atopando inspiración en música jazz contemporánea.
Quero reservar a miña praza!
*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun prazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.
DESCRICIÓN
Curso monográfico organizado en seis cápsulas de 90 minutos cada unha. En cada unha destas cápsulas centrarémonos nin concepto relacionado coa expresión corporal e a danza libre. Pódese asistir a unha ou varias cápsulas, aínda que se recomenda facer o curso completo.
O obxectivo final é bailar de xeito libre dialogando e conectando coa música jazz contemporánea. Traballaremos a través da improvisación libre e improvisación dirixida empregando ferramentes de expresión corporal e danza contemporánea para procurar unha linguaxe corporal e de movemento propia e característica de cada individuo co obxectivo de sentir a música a través do corpo e dende unha liberdade consciente.
Cápsula 1 – Sábado 15 de abril de 10.00h a 11.30h
O corpo. Descubrir as partes normalmente ignoradas do noso corpo
Cápsula 2 – Sábado 15 de abril de 11.30h a 13.00h
O espazo. Traballarase a conciencia espacial
Cápsula 3 – Sábado 22 de abril de 10.00h a 11.30h
O xiro. Centrado en traballar a técnica de xiro espiral
Cápsula 4 – Sábado 22 de abril de 11.30h a 13.00h
O chan. Centrado no traballo de chan e a caída
Cápsula 5 – Sábado 13 de maio de 10.00h a 11.30h
A cor. Descubrir diferentes aspectos na nosa danza, como o tamaño, a intensidade, a velocidade…
Cápsula 6: – Sábado 13 de maio de 11.30h a 13.00h
A música. Dialogar coa música na nosa danza a través de aspectos formais
Aberto a calquera persoa a partir de 15 anos
IMPARTIDO POR: CONSTANCE HURLÉ
Performer, bailarina, escritora e todo aquilo que teña que ver coa expresión artística no amplo sentido do termo. Desenvolve os seus proxectos escénicos coa compañía Constance Hurlé. Funda recentemente Hurlé produción e distribución, xestionando proxectos propios e alleos. Produtora e directora de Ghastas Pista swing project. Autora dos poemarios “b/i/c/m.o.r.d.i.d.o”, “Hacia la luz: poesía, sonido, imagen” e “DSM ou Disfraz de Tigre”. E un longo etcétera de actividades en torno da cultura e as artes vivas.
www.constancehurle.com
SÁBADO 15 E 29 DE ABRIL E 13 DE MAIO
DE 10.00H A 13.00H
APORTACIÓN: 85€/CURSO COMPLETO (9H)
Tamén te podes inscribir a cápsulas soltas:
Prezo 1 cápsula: 20€
Prezo 2 cápsula: 35€
Prezo 3 cápsula: 50€
Prezo 4 cápsula: 65€
Prezo 5 cápsula: 75€
Quero reservar a miña praza! Pedir máis info por WhatsApp.