
ESCRITA CREATIVA
Constance Hurlé |
---|
Bloque I: 10h | Bloque II: 10h | Bloque III: 5h |
Martes de 19.30h a 20.45h |
Prazas: 12 |
150€/curso completo. Consulta abaixo prezo por bloques soltos |
Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases |
Do 7 de febreiro ao 4 de xullo |
Quero reservar a miña praza
*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun plazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.
DESCRICIÓN
A escrita creativa defínese como aquela que se afasta dos estándares das formas e características normais da escritura periodística, académica ou técnica.
O punto de partida é que a creatividade só se alcanza a través do traballo e a experimentación, polo que o obradoiro será de carácter práctico na súa meirande parte, puidendo facilitarse algunha noción teórica se fose necesario.
Este obradoiro vai dirixido a persoas que estén procurando a súa voz literaria, sexa narrativa ou poética. Traballarase a través de exercicios en diálogo con outras manifestacións artísticas ou da propia literatura, compartindo e comentando os textos das outras persoas ou de referentes literarios universais. Rematarase cun recital fin de curso.
Aberto a calquera persoa a partir de 15 anos
ESTRUCTURA
O curso divídese en tres bloques: no primeiro bloque traballarase a escrita en prosa, no segundo a poesía e o terceiro bloque está orientado á preparación do recital aberto como mostra final do traballo do curso. Neste último bloque, escolleranse un ou varios textos sobre os que se traballarán de cara á unha exposición oral, enfocándose na lectura, a dicción e o dinamismo. Os bloques un e dous poden facerse de xeito independente, para anotarse ao terceiro bloque é necesario ter cursado algún dos anteriores.
BLOQUE I – PROSA – 8 SESIÓNS (10H.): 7, 14, 21 e 28 de febreiro, 7, 14 e 21 de marzo e 11 de abril
BLOQUE II – POESÍA – 8 SESIÓNS (10H.): 18 e 25 de abril, 2, 9, 16, 23 e 30 de maio e 6 de xuño
BLOQUE III – RECITAL – 4 SESIÓNS (5H.): 13, 20 e 27 de xuño e 4 de xullo
IMPARTIDO POR: CONSTANCE HURLÉ
Performer, bailarina, escritora e todo aquilo que teña que ver coa expresión artística no amplo sentido do termo. Desenvolve os seus proxectos escénicos coa compañíaConstance Hurlé. Funda recentemente Hurlé produción e distribución, xestionando proxectos propios e alleos. Produtora e directora deGhastas Pista swing project. Autora dos poemarios “b/i/c/m.o.r.d.i.d.o”, “Hacia la luz: poesía, sonido, imagen” e “DSM ou Disfraz de Tigre”. E un longo etcétera de actividades en torno da cultura e as artes vivas.
www.constancehurle.com
OS MARTES
DE 19.30H A 20.45H
APORTACIÓNS:
CURSO COMPLETO (BLOQUES I + II + III): 150€ (25H.)
BLOQUE I: 70€ (10H.)
BLOQUE II: 70€ (10H.)
BLOQUE I + BLOQUE II: 120€ (20H.)
BLOQUE I + BLOQUE III: 100€ (15H.)
BLOQUE II + BLOQUE III: 100€ (15H.)