
INTRODUCCIÓN AO DEBUXO DE CÓMIC E DO NATURAL
David Amoedo |
---|
2 horas |
De 11.00h a 13.00h |
Prazas: 15 |
15€ |
Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases |
Sábado 18 de marzo |
Quero reservar a miña praza
*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun plazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.
DESCRICIÓN
Unha clase de 120 minutos de duración abordando conceptos básicos que sirvan de introducción ao debuxo do natural e ao debuxo de comics para que posteriormente o alumnado profundice na casa, unha vez rematado o obradoiro.
COMIC
- Encaixado de cabezas e expresión
- Encaixado de corpos e posturas
DEBUXO AO NATURAL
- Nocións básicas de encaixado e copia do natural
- Nocións básicas de sombras
Aberto a calquera persoa a partir de 15 anos
IMPARTIDO POR: DAVID AMOEDO
Humorista gráfico nas revistas Xogo Descuberto, Retranca e A Movida e nos portais web novaxove.com, odivinoferrete.es, pentavox.net e moiceleste.com. Concept artist en Polygon-e Studios. Xunto a Edward Morgan coordina o proxecto #ARutaDasArtistas de Festival nun Local. Coordina o proxecto artesanal multidisciplinar New Crafts. Xunto a AriMagitte forma o proxecto pictóricomusical Cometas. Como artista urbano participou en certames como O Marisquiño, Badajoz Pinta ou Vigo Cidade de Cor.
Obra publicada:
– Tiras Ciclicas (2009)
– Artistas (2018)
– Sutura (2020)
– O’Var 2020-21 (2021)
– O’Var 2021-22 (2022)
– Tranvías Eléctricos. A Compañía que vertebrou Vigo (2022)3
Aberto a calquera persoa a partir de 15 anos
SÁBADO 18 DE MARZO DE 11.00H A 13.00H
APORTACIÓN: 15€ (2H.)