Select a page

CONCIENCIA CORPORAL

 

  Constance Hurlé
     Luns e/ou mércores de 10.15h a 11.30h
     1h15m ou 2h30m semanais
     Prazas: 16
      35€/mes unha clase á semana ou 60€/mes dúas clases á semana
    Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases

 

Escoita o teu corpo, móveo, cóidao… Comeza o día cuns agarimos para ti e toma un té cos compañeiros e compañeiras.

 

Quero reservar a miña praza!

*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun prazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.

 

DESCRICIÓN

A conciencia corporal busca o coidado do corpo de xeito introspectivo. Trátase dunha ferramenta transversal que se pode aplicar tanto a disciplinas coma o teatro ou ao baile como á vida cotidiana. Nos centraremos na sensibilización e na percepción do corpo así como na súa reinvención: buscar unha nova forma de movernos e interactuar no espazo, con conciencia e coidado de nós mesmas. Asimismo, traballarase a respiración, a relaxación, a autopercepción e a expresión corporal. A base de todo será o coñecemento corporal e psicolóxico dende o aquí e o agora. Empregaranse técnicas mixtas inspiradas en disciplinas somáticas tales como a danza contemporánea o ioga e o teatro físico.

 

Aberto a calquera persoa a partir de 15 anos

 

IMPARTIDO POR: CONSTANCE HURLÉ

Performer, bailarina, escritora e todo aquilo que teña que ver coa expresión artística no amplo sentido do termo. Desenvolve os seus proxectos escénicos coa compañía Constance Hurlé. Funda recentemente Hurlé produción e distribución, xestionando proxectos propios e alleos. Produtora e directora de Ghastas Pista swing project. Autora dos poemarios “b/i/c/m.o.r.d.i.d.o”, “Hacia la luz: poesía, sonido, imagen” e “DSM ou Disfraz de Tigre”. E un longo etcétera de actividades en torno da cultura e as artes vivas.
www.constancehurle.com

 

TODOS OS LUNS E MÉRCORES
DE 10.15H A 11.30H 

APORTACIÓN: 35€/MES POR UNHA CLASE SEMANAL E 60€/MES POR DÚAS CLASES SEMANAIS

Quero reservar a miña praza! Pedir máis info por WhatsApp