
INICIACIÓN AO CLAQUÉ
Cecilia Martínez |
---|
1h15m semanais |
Luns de 21.30h a 22.45h |
Prazas: 16 |
35€/mes ou 90€/trimestre |
Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases |
Do 9 de xaneiro ao 26 de xuño |
Quero reservar a miña praza
*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun plazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.
DESCRICIÓN
O claqué é un baile afroamericano que se remonta ao século XVII que comezaron a bailar os esclavos americanos mesturando danzas africanas como o Juba e danzas de zocos que levaron a Estados Unidos inmigrantes irlandeses e escoceses.
O claqué é unha danza de percusión que xogou un papel fundamental durante a esclavitude, xa que moitos esclavos conseguiron establecer un sistema de comunicación en clave a través da percusión dos seus zapatos ao danzar, que lles permitiu entre outras cousas, comunicar diferentes roteiros para fugarse ás cidades libres do Norte de Estados Unidos.
Durante o século XX o claqué tivo dúas vertentes: o chamado “Rhythm tap” centrado na improvisación, máis relacionada coas raíces afroamericanas do baile, e o “Broadway tap” que acadou unha grande popularidade grazas á fama dos musicáis, no que se traballa de forma máis académica e coreográfica, deixando a un lado a impro e o tap como instrumento de comunicación entre bailaríns ou entre bailaríns e músicos.
Neste curso trabállanse as dúas vertentes.
Aberto a calquera persoa a partir de 15 anos
IMPARTIDO POR: CECILIA MARTÍNEZ
Cecilia Martínez é música e bailarina. Toca varios instrumentos e tamén é cantante, aínda que a súa especialidade é o violín, sendo profesora no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.
Na súa faceta como bailarina de claqué, Cecilia leva máis dunha década asistindo a clases. Dentro de Vigo foi alumna de Carmen Buendía, Sergi Descaire e Aitor Montesinos, pero para poder evolucionar máis rápidamente, Cecilia viaxou a diferentes festivais de Claqué para poder ter aulas con unha gran cantidade de profesores internacionais.
Ademais das clases de claqué, Cecilia é líder da banda La Frasquita Vintage, na que o Cecilia canta e baila claqué xunto a Juan Cañada (contrabaixo), Chus Pazos (batería) e Felipe Villar (guitarra).
TODO OS LUNS DE 21.30H A 22.45H
APORTACIÓN: 35€/MES OU 90€/TRIMESTRE