
CIANOTIPIA SOBRE PAPEL
Andrea Costa |
---|
Venres 21 de abril |
De 18.00h a 21.00h |
3 horas |
Prazas: 5 (pódese ampliar a 10 se dan sol para ese día) |
30€ |
Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases |
Aprende esta técnica de revelado con máis de un século de antigüidade, que ofrece un resultado de impresión azul moi característico.
Quero reservar a miña praza
*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun prazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.
DESCRICIÓN
Práctica e realización de deseños propios utilizando a técnica da cianotipia sobre soportes absorbentes (papel ou tea). Non é necesario ter ningún tipo de coñecemento previo.
IMPARTIDO POR: ANDREA COSTA
Andrea Costa é unha ilustadora á que lle gusta probar un pouco de aquí e aló, sabe pouco de moitas cousas, pero sempre ten algo que aportar. Aprendeu cianotipia en Fuck this studio da man de Iago Fernández (@thephinkpink) e dende entón investiga formas innovadoras de realizar esta técnica e espallala polo planeta terra.
Aberto a calquera persoa a partir de 15 anos
VENRES 21 DE ABRIL DE 18.00H A 21.00H
APORTACIÓN: 30€ (3H.)