Select a page

CREACIÓN DE BOLSO XAPONÉS

 

   Estefanía Carrera
     3 horas
     De 18.00h a 21.00h
     Prazas: 14
      50€ materiais incluídos
    Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases
     Venres 3 de marzo

 

Quero reservar a miña praza

*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun plazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.

 

 

DESCRICIÓN

A primeira hora a través do patrón que a profesora levará feito para cada un@, cortaremos en tea e rebaixaremos. As dúas últimas horas coseremos o bolso e falaremos sobre coser a man e a  máquina e o funcioamento desta.

Se tes unha máquina de coser e non sabes como usala aprenderás os conceptos básicos de unir costuras e acabados.  Todo o material está incluído.

 

IMPARTIDO POR: ESTEFANÍA CARRERA

Estefanía Carrera é deseñadora de moda profesional e  profesora de deseño, patronaxe e confección. Apaixonada polo mundo da moda como creación artística, ten a súa propia marca de roupa @estefaniacarrera_ec

Foi profesora en diferentes escolas de moda de Galicia, como o Obradoiro de Costura Creativa da Universidade de Vigo, o Campus Crea de Pontevedra, en espazos como Simia Espacio, Alga Clases e Talleres, Asociación do Calvario, e monitora textil no colexio apostol de Vigo. Impartiu master classes en Lugo, Santiado de Compostela ou en Madrid no Mon Atelier, entre outros sitios. Continú  en constante formación en patronaxe por ordenador Patronaxe Key.

Traballa como deseñadora de moda en Estefanía Carrera e Cotton & Painted EC, como estilista para Elegant Magazine e como coordinadora e creadora de eventos de moda. Durante os seus anos de carreira estes foron algúns dos premios que gañou:

  • 2014 GAÑADORA SEMANA DA MODA DE GALICIA coa Colección “Juliet”.
  • 2012 CONCURSO FINALISTA ADIDAS.
  • 2012 CONCURSO FINALISTA DE MODA C.C Gran Vía, Vigo.
  • 2010 SELECCIONADA PARA O CONCURSO DE MODA MERCEDES MILAN.

 

VENRES 3 DE MARZO DE 18.00H A 21.00H

APORTACIÓN: 50€ (4H.) – Materiais incluídos.

Quero reservar a miña praza