
ARTECENDO: AUTOCOÑECEMENTO A TRAVÉS DA ARTE
Andrea Alfaya |
---|
24 horas |
Xoves de 10.00h a 12.00h ou de 19.00h a 21.00h |
Prazas: 12 |
255€ (materiais incluidos) – posibilidade de pago fraccionado |
Inclúe auga, café, té, doces e froita durante as clases |
Do 2 de febreiro ao 27 de abril |
Quero reservar a miña praza
*Ao inscribirte recibirás un mail automático para que verifiques que tódolos datos son correctos. Nun plazo de 72h recibirás outro mail confirmándoche a túa praza e coa información sobre a forma de pago.
DESCRICIÓN
Destinado a todas as persoas maiores de 16 anos que busquen desenvolver a súa creatividade, experimentar ou expresarse, compartindo espazos de diversión, distensión e coidados. Non se precisa material nin experiencia de ningún tipo.
No curso apostamos polo autocoñecemento porque é imprescindible para a saúde integral do ser e representa un dos pilares máis importantes para a construción de cada persoa, posibilitándonos a mellorar as nosas capacidades de xestión emocional e de transformación de conflitos.
Empregamos a arte como ferramenta de indagacción persoal e colectiva pola súa capacidade expresiva. As ferramentas artísticas promocionan a nosa creatividade, axudándonos a conectar cos nosos pensamentos, sentimentos e co pracer da vida, e constrúen espazos de desenvolvemento máis plurais e inclusivos.
Contamos contigo?
Pincha para ver o dossier do curso
Aberto a calquera persoa a partir de 15 anos
IMPARTIDO POR: ANDREA ALFAYA ROSALES
Traballadora social especializada en educación, conflitos, dereitos humanos e cultura de paz. Formación en facilitación de grupos, igualdade de xénero, metodoloxías artísticas, educacion social, mediación intercultural e permacultura. Experiencia en proxectos e intervención familiar, social e educativa en Europa, Asia e América.
OS XOVES DO 2 DE FEBREIRO AO 27 DE ABRIL (12 SESIÓNS)
– GRUPO DE MAÑÁ: DE 10.00H A 12.00H
– GRUPO DE TARDE: DE 19.00H A 21.00H
APORTACIÓN: 255€ (24H) – materiais incluídos
POSIBILIDADE DE PAGO FRACCIONADO:
95€ ao inicio do curso, 80€ na primeira clase de marzo e 80€ na primeira clase de abril