Select a page

Taller de iniciación á gravación e producción musical

20.10.18

Curso de gravación e producción musical en Vigo

11.00h Iníciate no mundo da gravación e producción musical!

O curso terá como puntos claves:

– Explicación do funcionamento e conexión dos diferentes compoñentes para realizar as nosas bases: altofalantes, tarxeta de son, teclado midi, software, etc.

– A importancia do ritmo, análise dos compases máis utilizados e a colocación dos diferentes sons de percusión dentro del.

– Conceptos de tonalidades, escalas, harmonías, así como dos diferentes ritmos que caracterizan un estilo

– Uilización de plugins, uso de librerías de sons de violíns, pianos, etc.

– Uso e manexo do software, secuenciadores como Ableton Live e Fruity Loops.

– Traballar por diferente orde as diferentes liñas que forman unha base; como facer unha liña de baixo ou melodía para un ritmo de percusión e viceversa.

– Gravación e secuenciación de instrumentos externos (guitarra, voz…).

– Sampleo de fragmentos de cancións para utilizar nas nosas bases.

– Ecualización, mastering e exportación das nosas bases en diferentes formatos.

*Todos os programas serán demos orixinais gratuitos que se lles pasarán ao alumno, polo que é recomendable que todos leven ordenador e cascos.


IMPARTIDO POR: ASER RODRÍGUEZ

Aser traballa como profesor de guitarra e producción dende fai 9 anos, tendo o seu propio centro en Ourense (Aser Rodríguez Centro), academia de música que se centra nas clases de guitarra, a gravación e producción tanto de músicas acústicas como electrónicas e as clases de canto. Anteriormente traballou en diferentes academias como “La Casa de la Música” de Fernando Calvo, guitarrista de Los Suaves.

Conta con diferentes cursos de; producción e gravación, percusión afrocaribeña, recursos informáticos aplicados ó aula de música, técnicas para a autoestima, mellora e autocontrol nos alumnos. É experto en educación musical e interculturalidade e conta cun curso de  musicoterapia a través da Universidade de Nebrija. Ademais, é técnico superior en sistemas informáticos e de telecomunicacións.

Tamén se dedica á producción de música para documentais e anuncios, fixo a banda sonora para o documental “Por amor al arte” da productora coruñesa Atiza Films, impartiu varios cursos de Producción e grabación, para os concellos de A Coruña e Ourense, para a galería de arte Basquiart desta mesma cidade e para o espazo Ben Común de Allariz.

Puxo música ás imaxes que o programa “Volando Voy” de Cuatro TV cedeu ó consorcio de turismo da Ribeira Sacra.

Colabora coa páxina web madrileña, bandalismo.net facendo reportaxes de festivales como o Resurrection Fest, análise de discos e entrevistas a grupos como Brothers Till We Die. Forma parte do grupo de música neo folk “Ad Heyra Liti” que acaban de realizar unha xira por toda Galicia e varios concertos en Barcelona.


SÁBADO 20 DE OUTUBRO DE 11.00H A 14.00H E DE 16.00H A 19.00H
APORTACIÓN: 45€ (6H.)

Apúntome!

Watch Dragon ball super