Select a page

Taller intensivo de fotografía analóxica

26 de xaneiro

Taller-intensivo-de-fotografía-analóxica-O-Almacén-Cultural-Vigo

11.00h Introdúcete no mundo da fotografía analóxica

Neste taller intensivo reviviremos a fotografía analóxica, aprendendo todo o necesario para poder realizar revelados na casa de xeito artesanal. Atravesaremos todo o proceso analóxico, dende a práctica coas cámaras ata a dixitalización do material, revelado e proceso creativo fotográfico. Está dirixido a un público curioso con ganas de invocar e manter esta práctica fotográfica.
 

PROGRAMA

Tipos de cámaras
Características das películas
Carga de cámaras
Exercicios de fotografía
Revelado 
Químicos
Cuarto oscuro
Secar película
Dixitalización

 

IMPARTIDO POR: MARÍA JOSÉ VALIDO

María José é de Buenos Aires, Arxentina. Adícase á fotografía dende hai 8 anos. Estudou cine na UNA, e deu clases de cine e fotografía no Instituto Audiovisual de Paraguai. Tamén participou en publicidade como Directora de Fotografía. Agora está especializada en fotografía analóxica e vive en Vigo dende fai un ano.


26 de XANEIRO DE 11.00H A 14.00H E DE 16.00H A 19.00H
APORTACIÓN: 50€ (6H.)

Apúntome!

Watch Dragon ball super