Select a page

HERE AND NOW — Obradoiro de performance

18.01.20

11.00h Arte viva, arte de acción

HERE AND NOW é un obradoiro de creatividade a través da linguaxe da performance. Nunha xornada dirixida a todes aqueles que queiran investigar a arte viva ou arte de acción, os participantes poderán desenvolver 5 proxectos personais guiados por Neves Seara, artista e performer que leva desenvolvendo a súa carreira nos últimos 18 anos, y con algo de formación en terapia gestalt. Non se trata dun obradoiro terapéutico específicamente, pero consideramos que é unha linguaxe que, ao traballar as emocións de xeito directo e exposta ao público, require de certo coñecemento dos límites emocionais propios e de varias ferramentes para xestionalos. É por iso que unimos estética, narrativa e apoio emocional para desenvolver este obradoiro artístico.

A performance é un veículo de expreción inmediato, traballa non só coas emocións que queremos transmitir, coa estética, o son, a luz e o corpo e o espazo, se non que tamén atopa irremediablemente o latexar do espectador, as súas emocións, as súas reaccións, os seus sons  e o seu propio espazo vital.

Neste obradoiro utilizaremos estes conceptos teóricos, estéticos e narrativos a través da realización de varias performance, nunha xornada de experimentación intuitiva e física da realización e da vivencia das nosas performances e das dos compañeires, partindo dunhas propostas conceptuais.

Proporanse uns conceptos para idear unha performance, e guiaranse non só esteticamente para a súa resolución, se non que tamén se investigarán aquelas chaves emocionais importantes, dende unha idea básica de coidado; expoñer as nosas emocións non significa expornos a nós mesmos. Realizaremos as performances dende un punto de vista de expreción e non da exhibición.

 

IMPARTIDO POR: NEVES SEARA

É muller. É artista. É feminista. Non podes desligar ningunha das tres. Como muller e como individua desta sociedad sinte a necesidade de loitar polo cambio das situacións máis básicas e necesarias das cuestións sociais que a todos nos competen, comezando polo heteropatriarcado.

Como xestora cultural dende hai 17 anos e directora durante casi 9 de Aire centro de Arte en Santiago, foi desenvolvendo e madurando o traballo en deseño e xestión cultural, indo a propostas o máis completas posible dende o cuidado e a atención postas na totalidade das ramas de cada proxecto e tamén ao público ao que foi dirixido. Exposicións, festivais de performance, eventos e múltiples obradoiros foron organizados no centro durante a súa vida.

En outubro de 2017 naceu un novo proxecto empresarial que dirixe: Casa Morada Servicios Culturales. Trátase dunha empresa multidisciplinar que se adica á Formación, Divulgación e Xestión de proxectos artísticos con perspectiva de xénero.

Como artista trata o tema da muller e o feminismo, a violencia de xénero, así como outros temas teóricos e conceptuais sen poder desvincularse do feito de ser muller que fala dende a súa consciencia e honestidade. Participou en proxectos en defensa da muller así como noutros eventos artísticos.

Licenciada en Belas Artes coa especialización de Escenografía pola Universidad Europea de Madrid. Especialista en Museografía pola Universidade de Santiago de Compostela. Doctoranda na Universidad Complutense de Madrid, cos cursos e o título DEA en Historia da Arte Contemporánea na mesma universidade.

Leva quince anos traballando como artista e xestora cultural. Realizou actividades de didáctica cultural e artística en institucións como o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC, Compostela), Fundación Eugenio Granell (Compostela), Casa Azul (Pontevedra), Cidade da Cultura(Compostela)… No ámbito da producción e xestión expositiva traballou para EL Matadero de Madrid,  Galería Sargadelos de Compostela, Galería Metro, Festival Miradas de Mujeres 2015, Roteiro de Creación 2008, etc.

Como artista expuso no Museo de Cacabelos, Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC, Compostela), Galerías Dosmilvacas (Ponferrada), Galería Metro, Galería Espacio48 (ambas en Santiago), Galería 9the13 (Coruña) , Artmadrid, Room Art Fair (Madrid) e Cuatro Público (Compostela), Galería 23 con 11 e Galería Fresa y Chocolate (La Habana), Maison du Pilgrims (Bruselas), Café1001 (Londres) o Fábrica Braço de Prata (Lisboa)…

Realizou intervencións públicas e performances vinculadas coa violencia de xénero en lugares como La Casa Velázquez, Madrid, nas rúas de Helsinki, Atenas, Madrid, Vigo, Santiago de Compostela, ou para eventos contra a violencia de xénero para o Concello de Noia, Deputación de Lugo, ou en diferentes festivais de arte de acción como Crash, Colisión de Performances I e II, Santiago, ou Fugas e Interferencias, Pontevedra.

Realizó intervenciones públicas y performances vinculadas con la violencia de género en lugares como La Casa Velázquez, Madrid, en las calles de Helsinki, Atenas, Madrid, Vigo, Santiago de Compostela,  o para eventos contra la violencia de género para el Concello de Noia, Deputación de Lugo, o en diferentes festivales de arte de acción como Crash, Colisión de Performances I y II, Santiago, o Fugas e Interferencias, Pontevedra.

Dirixe dende hai 5 anos a galería-escola Aire centro de arte, na que imparte obradoiros para nenos, adultos e docentes, coordina as exposicións e a edición dunha revista trimestral sobre arte e pensamento, o Fanzine Aire.

Dirige desde hace 5 años la galería-escuela Aire centro de arte, en la que imparte talleres para niños, adultos y docentes, coordina las exposiciones y la edición de una revista trimestral sobre arte y pensamiento, el Fanzine Aire.

Seleccionada no Premio Novos Valores 2004

2º Premio en Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense en 2013

Premio de intervención da Zona C, Santiago de Compostela 2015

Seleccionada para o Certame de Arte do Auditorio de Galicia 2015

&nbsp

SÁBADO 18 DE XANEIRO DE 11.00H A 14.00H E DE 16.00H A 20.00H.
APORTACIÓN: 65€* (8H.)

* Se te inscribes con alguén, desfrutaredes dun desconto e pagaredes 55€ por persoa. Indica o nome da persoa que te acompaña no formulario

Apúntome!

Watch Dragon ball super