Select a page

Obradoiro de iniciación ao teatro

15.02.20

11.00h Iníciate no marabilloso mundo do teatro

Este obradoiro está orientado a traballar a expresión corporal utilizando a variedade de técnicas que nos ofrece o teatro. O teatro é unha disciplina que traspasa os límites de si mesma, convertíndose nunha ferramenta para a vida e o día a día. A técnica teatral pode aplicarse ás relacións cotiás, ao coñecemento dun mesmo, á xestión das emocións e a expresividade noutros ámbitos sociais, por exemplo, na pista de baile.

Centrarémonos na sensibilización e na percepción do corpo así como na súa re-invención: buscar unha nova forma de movernos e interactuar no espazo. Ocuparémonos do corpo no espazo e en relación cos demáis. Asimismo, traballarase a respiración, a relaxación, a
autopercepción e a expresión verbal e xestual.

A base de todo será a conciencia corporal e psicolóxica e o xogo como elemento catalizador. As dieferentes técnicas que se empregarán no obradoiro tocan as bases do clown, a improvisación, o teatro físico e xestual e o teatro danza contemporáneo.

 

IMPARTIDO POR: CONSTANCE HURLÉ

Constance Hurlé é poeta, performer e danzarina. Conta cunha bagaxe moi variada no relativo ás artes escénicas. No plano teórico cursou o Máster de Investigación en Estudos do Teatro (itinerario práctico) na UAB, como TFM ten unha tesina sobre a relación do teatro-danza e o autocoñecemento: estudo teórico-práctico. A súa formación teatral tivo lugar en escolas alternativas de diversa índole, probando sempre novas disciplinas. Cabe destacar o seu paso pola Escola Integral do Creador Escénico Vladimir Tzekov, en Granada, e tamén polos cursos de Clown de Piero Partigianoni na EPFCA, tamén en Granada. No relativo á danza, experimentou con distinto profesorado de disciplinas tales como a danza contemporánea e clásica, o contact improvisation e o ioga, pero despunta coma a súa mestra principal Olga Cameselle da Artística Vigo.

Coma actriz formou parte do grupo de teatro Non Si?Teatro, ten unha peza de micro teatro chamada “El día después”, presentada en Granada, Santiago e Vigo, dirixiu de xeito colaborativo ao grupo de teatro universitario Espíritu Áspero, participou en distintos espectáculos coa escola Vladimir Tzekov. Sen embargo, o máis salientable é o seu traballo coma performer poética, espectáculos onde interactúan a poesía, a música, o movemento e as imaxes. Actualmente, produce e interpreta o concerto-poético “hacialaluz: poesía, sonido, imagen”. 

 

SÁBADO 15 DE FEBREIRO DE 11.00H A 14.00H.
APORTACIÓN: 20€ (3H.)

Apúntome!

Watch Dragon ball super