Select a page

Inauguración da exposición fotográfica de Shankirô

26.01.18

21.00h Inauguramos unha nova exposición fotográfica

O venres 26 de xaneiro inauguramos unha nova exposición fotográfica que nos acompañará no Almacén Cultural. Trátase dunha compilación de fotografías da artista Shinkirô que pertencen a diferentes coleccións.

O nome real da artista é Júlia, aínda que elixiu Shinkirô como nome artístico, que significa espellismo, unha palabra que axuda a expresar trazos de pensamentos e ideas que intenta aportar á súa maneira de expresar o seu arte. Escolleu esta palabra xaponesa, que descubriu estudando esta lingua, xa que forma parte dunha cultura que lle interesa e lle atrae dende hai moitos anos.

Iniciou o seu camiño como fotógrafa afeccionada a principios do ano 2015, cando lle regalaron a súa Canon 1200D. Viu esa oportunidade para poder compartir con outras persoas todo aquilo que lle emociona como artista. Estudante de teatro dende os 10 anos, a expresión artística é unha parte fundamental da súa obra.

Nas súas fotografías intenta capturar emocións, soños, sentimentos, formas e colores que expresan un xeito máis de comunicarse entre persoas. Non son imaxes perfectas, hai moito camiño para conseguilas, só forman parte de ideas e conceptos que flúen dos corpos de homes e sobre todo mulleres que as interpretan, e do xeito como as vai modelante durante o traxecto de cada un dos proxectos.

O seu principal interese é o corpo humano e como este se manifesta, así como as maneiras de utilizalo de forma integral como base de expresión artística.

Poderás desfrutar da súa obra mentres tomas algo e desfrutas da boa música. Selección musical a cargo de Gemma e Júlia Llob

VENRES 26 DEXANEIRO  DE 21.00H A 23.00H. 

ENTADA LIBRE

Watch Dragon ball super