Select a page

Curso de escritura creativa

Do 13 de xaneiro ao 17 de febreiro

Tecer versos e grilandas. Curso de escritura creativa.

DIRIXIDO A: ADULTOS

O curso está programado en 6 sesións, de 2 horas cada unha, nas que se traballará de forma amena e dinámica con diferentes chaves e ferramentas de creación literaria, coa axuda de exemplos e materiais propostos e contando sempre coa supervisión, indicacións e consellos da responsable da actividade, escritora de recoñecida traxectoria no eido literario galego.

O obxectivo central desta actividade é achegar sen prexuízos a cada participante á súa propia voz literaria, mellorar a capacidade comunicativa dos participantes e estimular a súa propia creatividade e imaxinación a través da palabra escrita. 


IMPARTIDO POR: MN Soutelo

Poeta da colleita do ’82. Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, no campo do Patrimonio Documental e Bibliográfico, e Arquivística. Cursou estudios musicais dende ben pequena, especializándose en Violín.

É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega – AELG dende o ano 2008 (http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/maria-n-soutelo).

Na súa traxectoria como poeta salientan Código Poético (XX Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, Ed. Sotelo Blanco, 2007), Diáspora (Acha Escrava Editora, 2012) e Navicularia (Q de Vian Cadernos, A Porta Verde do Sétimo Andar, Nova Galicia Edicións). Colabora habitualmente con publicacións colectivas nacionais e estranxeiras, entre as que destacan Dorna, Levure Littéraire e OLGA, asemade de exercer  de forma puntual como articulista na sección de opinión no diario Sermos Galiza  http://ow.ly/Z9Zs6 ) e na sección de cultura ProTexta (Tempos Novos- http://temposdixital.com).

Actualmente, aparte de impartir cursos de escritura creativa centrados fundamentalmente na poesía, dirixe, planifica e coordina os clubs de lectura da Casa das Letras – BPM de A Estrada, e crea e organiza os contidos do seu blog http://cos5sentidos.blogspot.com.

OS SÁBADOS DE 11.00H A 13.00H. Do 13 de xaneiro ao 17 de febreiro.

APORTACIÓN: 70€ (Duración do curso 12H.).

Apúntome!

Watch Dragon ball super