Select a page

CúraTE coas túas plantas

11.01.20

11.00h Sácalle proveito ás plantas que te rodean

Obradoiro teórico-práctico para aprender a utilizar as plantas que temos na casa e nacen nos camiños. Recolección, secado e extracción de principios activos das plantas. Aprende a facer tisanas curativas e crea o teu propio botiquín herbal.

 

IMPARTIDO POR: SARA LUQUE

Todo isto da curación con plantas ven herdado da súa familia, familia de curandeiras que sempre tiñan un remedio para calquera que o precisase. Realizou os seus estudos universitarios de Química coa firme convicción de entender cal era a maxia que ocorría no interior dos seres vivos. O seu salto ao mundo laboral foi traballando en varias empresas de producción de plantas aromáticas ecolóxicas, aprendendo a coñecelas por dentro e a coidalas por fóra. Dende aí continuou facendo máis cousas, proxectos de investigación, impartindo e recibindo cursos e obradoiros para compartir estes saberes.

 

SÁBADO 11 DE XANEIRO DE 10.30H A 13.30H.
APORTACIÓN: 15€ (3H.)

Apúntome!

Watch Dragon ball super