Select a page

85Corpos Día da Danza

29.04.18

11.00h A Asociación 85C celebra o día da danza en diferentes espazos de Vigo

 

85Corpos é a proposta da Asociación 85C para celebrar o día da danza nunha fin de semana chea de actividades en diferentes espazos da cidade. O domingo pola mañá teremos a oportunidade de desfrutar das súas propostas en O Almacén Cultural. Podes ver toda a info no seu evento de facebook. Estas son as actividades que haberá o sábado 28 e o domingo 29:

 

Desde 85C celebramos o día da danza cun fin de semana completiño! Esperámosvos cos corpos preparados.

SÁBADO 28

18:00, A COVA DOS RATOS. Rúa Romil, 3.
SINERXÍA DE ARTISTAS!
Mostra de dúos aleatorios para celebrar o día da danza.
Apetéceche fusionar o teu movemento coa creación de máis artistas? Apúntate a unha das dúas listas: danza ou outra arte (música, artes plásticas, poesía, teatro, circo, moda…).

Unha semana antes do evento publicaremos os dúos por sorteo aleatorio e pasarémosvos os contactos correspondentes por se queredes ensaiar ou crear antes do día.

As mostras serán dun máximo de 10 minutos e pretenden fomentar a colaboración e comunicación multidisciplinar como un posible inicio de futuras creacións. Tamén haberá un coloquio final para comentar a experiencia e o resultado dos traballos.
Temas loxísticos a especificar por correo electrónico; pregamos que facilitedes o material para cada peza.

Toda esta iniciativa realízase sen ánimo de lucro co fin de poñer en relevancia a danza, crear comunidade e fomentar a relación entre distintas disciplinas para enriquecelas.
Ao mesmo tempo queremos demostrar que a danza é accesible fóra dos teatros e buscamos que todo o público sinta curiosidade por este sector da arte tan pouco visitado.

Inscricións: info@85c.es ata o 20 de abril.
Resolución de parellas o 21 de abril.

00:00. Sala Magnética. Rúa Irmandiños, 3

Macarena War III
A primeira batalla de baile onde non fai falla que saibas bailar!

Qué é o Macarena War?
Un evento/batalla de baile en parellas onde se une un bailarín ou bailarina profesional cun bailongo da noite. Si, esa clase de persoa que es ti que bailas por tódalas discotecas.
É o tu momento!! Demostra todo o que sabes diante doutras moitas persoas coma ti.

Como funciona?
Fácil. Apúntaste contactando con Beehive Vigo, vas puntual e confirmas a túa asistencia. Unímoste cunha parella profesional de baile que che axudará a quitar as vergoñas. 2vs2. O xurado elixirá á parella gañadora, clasificándose ata a final.

Non te enteras ben? A nosa speaker High Paw explicará todo no momento!

Xa es bailarina ou bailarín?
Xenial! Podes facer o mesmo. Contactas con Beehive Vigo, apuntámoste e unímoste cunha parella. A túa función será compartir con calquera todo o que xa sabes! Non importa o teu estilo de danza.

Axúdanos a difundir a esencia da festa e a que sintan a música contigo!

DOMINGO 29
XORNADA DE JAMS
O Almacén Cultural. Avda Ramón Nieto, 58.
– Jam de contact colaboración con Os Movementes. Guiada por Juan Cid e musicada por Charles Rapante.11:00h.
– Jam de swing e lindy hop. Guiada por Swing On Vigo e musicada porElena Branco Dj. 12:30h.

[Espazo por confirmar]
– Jam de danza africana. Guiada e musicada por Allatantou. 16:30h.
– Jam de danzas urbanas. Musicada por Mma Bomwas Guiada por Rúas Baixas. 18:00h.
– Jam conxunta! Benvidas tódalas danzas. Trae as túas propostas musicais!

PREZOS
Unha jam: 3€
Bono dúas jams: 5€
Bono tódalas jams: 10€

Máis información en info@85c.es
Debuxo de cartel: Diego Pazó
Cartelería: Marcia Vázquez

Watch Dragon ball super