Select a page

Proxecto O Almacén

Ola! Somos Laura, Jorge e Elena, tres persoas que levabamos xa un tempo almacenando ideas que queriamos poñer en práctica cando encontrasemos un espazo onde dar renda solta ás nosas inquietudes, e atopámolo! Agora queremos que ti tamén o coñezas.

O Almacén Cultural é unha antiga casa en Lavadores (Vigo), moi representativa da arquitectura galega de principios do século XX. Casa bonita por fóra e por dentro, cun amplo espazo onde se desenvolven diversos tipos de actividades: baile, teatro, charlas, exposicións, encontros culturais e profesionais, proxeccións, espectáculos…

O espazo tamén dispón dunha zona de cafetería, e unha terraza ao aire libre. O mellor é que veñas a tomar un café e o vexas por ti mesmo, e trae á tua familia e amigos, que aquí temos actividades para tod@s!

PRUEBA-FONDO2

Watch Dragon ball super